Vémonos o día 8 de xaneiro, que
teñades boas festas!
Blog de Xeografía e Historia para os alumnos de 2ºB do Colexio Padre Feiojoo-Zorelle, e para os alumnos de 4º da ESO.
Páginas
21 dic 2014
4 dic 2014
Os alumnos realizan diferentes murais para conmemorar os 180 anos de historia provincial
Co gallo da Segunda Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación
os alumnos de Xeografía e Historia de 2º
e 4º da ESO realizaron diferentes murais que conmemoran a historia da provincia
de Ourense.
Por unha banda, cos alumnos de 2º da ESO organizouse un
concurso “Ourense, unha provincia única” no que os participantes analizaron a
provincia dende diferentes puntos de vista: xeográfico, turístico, histórico,
administrativo e termal.
Doutra banda, os alumnos de 4º da ESO A e B realizaron o seu
mural sobre os ourensáns ilustres e sobre as augas embotelladas ourensás e as
súas vantaxes para a saúde.
Diferentes traballos de recerca e manualidades que sen
dúbida axudaron aos alumnos a coñecer mellor a realidade e a historia da
provincia.
Datas dos exames da 1ª avaliación
Asimesmo, aproveito para lembrarvos as datas dos exames de Xeografía e Historia desta avaliación:
- 2º ESO B: xoves 11 de decembro
- 4º ESO A: venres 12 de decembro.
- 4º ESO B: martes 9, xoves de 11 decembro.
Moita sorte a todos!
8 nov 2014
Material adicional para os alumnos de 4º da ESO
Déixovos información adicional sobre a independencia de
Hispanoamérica. Espero que vos axude a comprender mellor o tema!
Causas:
- O exemplo da independencia dos Estados Unidos de América (xa estudiada).
- As novas ideas liberais de liberdade e igualdade, soberanía nacional, división de poderes… contrarias ao ordenamento do Antigo Réxime. Os líderes independentistas ou libertadores asociaban a independencia do territorio co establecemento dun réxime liberal.
- O baleiro de poder que se produciu durante a ocupación francesa da Península Ibérica. Nestes anos, os habitantes das colonias víronse obrigados a tomar decisións por sí sós, sen agardar ordes da metrópole. Isto fixo disminuír os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceu as ansias de establecer un goberno propio.
- O descontento das minorías crioulas que vían na independencia un medio de liberarse do dominio dos peninsulares, que monopolizaban os cargos políticos e administrativos, e do control económico de España, que obstaculizaba o comercio e impoñía fortes cargas fiscais. Isto é, os crioulos sentíanse discriminados, malia que moitos deles gozaban dun considerable poder económico.
Fases:
Os crioulos protagonizaron os movementos de independencia. Os
indios, mestizos e os negros só apoiaron a independencia nas fases máis
avanzadas e únicamente cando estivo asociada a reivindicacións sociais. Os crioulos, que tras as revolucións concentraron o poder
económico e político, non cumpriron as promesas feitas aos indíxenas, que
loitaron pola independencia, nin se lles concedeu a liberdade aos escravos
negros. Así, a sociedade postcolonial naceu con grandes desigualdades
económicas, que deron lugar a conflitos sociais. Tamén se consolidou o poder
dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política
(golpes de Estado).
Exercicios 2º ESO B, Tema 3
Unha vez estudiado o tema da arte románica é momento de poñer
en práctica o aprendido.
Responde ás seguintes cuestións baseándote nas imaxes:
1. Identifica e sinala os elementos máis significativos da
arquitectura románica.
2. Describe a estrutura dunha portada románica e explica as
características da escultura.
3. Que características da pintura románica se reflicten nesta
obra?
19 oct 2014
Concurso Constitución 2014
Un ano máis a
Subdelegación de Goberno de Ourense organiza unha nova convocatoria do Concurso
Constitución. O lema elixido para esta XXXI edición é: " De la Corona", Título II.
Os estudantes de calquera dos cursos de ensino secundario obrigatorio interesados en participar deberán presentar unha redacción, cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, sobre a Coroa.
Atención alumnos! O último día para entregar os traballos na Subdelegación de Goberno é o próximo 30 de outubro.
Animádevos! Se a vosa redacción se encontra entre as 20 mellores premiarásevos cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado, ademais de realizar outras actuividades culturais e lúdicas.
Esperamos a vosa participación.
Bases do concurso.

20 sept 2014
Introdución á materia 4º ESO
Ao longo deste ano centrarémonos no estudo da Idade Contemporánea, que comeza en 1789 coa Revolución Francesa. Co obxectivo de comprender mellor a orixe desta revolución, nas primeiras semanas de clase estudaremos o SXVIII, repasando as características do Antigo Réxime e o nacemento das ideas revolucionarias que xurdiron para rematar coa desigualdade e a inxustiza.
O obxectivo é que a final de ano a materia de Historia proporcione ao alumno un coñecemento global dos últimos séculos, necesario para entender o presente e para poder mellorar o futuro.
O obxectivo é que a final de ano a materia de Historia proporcione ao alumno un coñecemento global dos últimos séculos, necesario para entender o presente e para poder mellorar o futuro.
Introdución á materia 2º ESO
Ola alumnos!
Nesta primeira semana de clases introducimos a materia. Xa sabemos que a Historia é a ciencia que estuda o pasado dos seres humanos e que para iso, os historiadores a dividiron en diferentes períodos. Estes períodos son as idades da Historia.
Nesta primeira avaliación nós estudaremos a Idade Media, que como sabedes comeza no ano 476 coa caída do imperio romano de Occidente e remata en 1492 co descubrimento de América.
Ao longo dos próximos meses estudaremos, pois, os séculos V ao XV. Comecemos polo Imperio Bizantino!

Benvidos!
Benvidos ao blog! Nesta páxina iremos colgando todo tipo de recursos e materiais relacionados cos temas estudados en clase.
Es alumno de 2º de ESO ou de 4º? Elixe a túa pestana e comecemos a traballar!
Es alumno de 2º de ESO ou de 4º? Elixe a túa pestana e comecemos a traballar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)