Páginas

8 nov 2014

Material adicional para os alumnos de 4º da ESO

Déixovos información adicional sobre a independencia de Hispanoamérica. Espero que vos axude a comprender mellor o tema!

Causas:
  • O exemplo da independencia dos Estados Unidos de América (xa estudiada).
  • As novas ideas liberais de liberdade e igualdade, soberanía nacional, división de poderes… contrarias ao ordenamento do Antigo Réxime. Os líderes independentistas ou libertadores asociaban a independencia do territorio co establecemento dun réxime liberal.
  • O baleiro de poder que se produciu durante a ocupación francesa da Península Ibérica. Nestes anos, os habitantes das colonias víronse obrigados a tomar decisións por sí sós, sen agardar ordes da metrópole. Isto fixo disminuír os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceu as ansias de establecer un goberno propio.
  • O descontento das minorías crioulas que vían na independencia un medio de liberarse do dominio dos peninsulares, que monopolizaban os cargos políticos e administrativos, e do control económico de España, que obstaculizaba o comercio e impoñía fortes cargas fiscais. Isto é, os crioulos sentíanse discriminados, malia que moitos deles gozaban dun considerable poder económico. 

Fases:

Os crioulos protagonizaron os movementos de independencia. Os indios, mestizos e os negros só apoiaron a independencia nas fases máis avanzadas e únicamente cando estivo asociada a reivindicacións sociais. Os crioulos, que tras as revolucións concentraron o poder económico e político, non cumpriron as promesas feitas aos indíxenas, que loitaron pola independencia, nin se lles concedeu a liberdade aos escravos negros. Así, a sociedade postcolonial naceu con grandes desigualdades económicas, que deron lugar a conflitos sociais. Tamén se consolidou o poder dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política (golpes de Estado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario