Déixovos información adicional sobre a independencia de
Hispanoamérica. Espero que vos axude a comprender mellor o tema!
Causas:
- O exemplo da independencia dos Estados Unidos de América (xa estudiada).
- As novas ideas liberais de liberdade e igualdade, soberanía nacional, división de poderes… contrarias ao ordenamento do Antigo Réxime. Os líderes independentistas ou libertadores asociaban a independencia do territorio co establecemento dun réxime liberal.
- O baleiro de poder que se produciu durante a ocupación francesa da Península Ibérica. Nestes anos, os habitantes das colonias víronse obrigados a tomar decisións por sí sós, sen agardar ordes da metrópole. Isto fixo disminuír os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceu as ansias de establecer un goberno propio.
- O descontento das minorías crioulas que vían na independencia un medio de liberarse do dominio dos peninsulares, que monopolizaban os cargos políticos e administrativos, e do control económico de España, que obstaculizaba o comercio e impoñía fortes cargas fiscais. Isto é, os crioulos sentíanse discriminados, malia que moitos deles gozaban dun considerable poder económico.
Fases:
Os crioulos protagonizaron os movementos de independencia. Os
indios, mestizos e os negros só apoiaron a independencia nas fases máis
avanzadas e únicamente cando estivo asociada a reivindicacións sociais. Os crioulos, que tras as revolucións concentraron o poder
económico e político, non cumpriron as promesas feitas aos indíxenas, que
loitaron pola independencia, nin se lles concedeu a liberdade aos escravos
negros. Así, a sociedade postcolonial naceu con grandes desigualdades
económicas, que deron lugar a conflitos sociais. Tamén se consolidou o poder
dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política
(golpes de Estado).