Páginas

21 oct 2015

Curiosidades: a orixe do himno francés

O actual himno francés, coñecido como A Marsellesa, foi escrito e composto o 25 de abril de 1792 polo poeta, músico e capitán de enxeñeiros Joseph Rouget de Lisle, destinado no batallón "Enfants da patrie" de Estrasburgo. Cinco días antes, o 20 de abril, proclamouse en París a guerra contra Austria. O día 24, cando o alcalde de Estrasburgo soubo a noticia, convocou a varios oficiais, entre eles a Rouget de Lisle. Durante a reunión, o alcalde pediulle que compuxese un himno patriótico para o exército do Rhin.

Rouget púxose ao choio, inspirándose para a letra nun cartel que vira na rúa coa proclama Aux armes, citoyens! ("Cidadáns, ás armas!"). Titulou o seu himno Canto de guerra para o exército do Rhin. Os soldados aprendérono e difundiron rapidamente por todo o país.

En xullo de 1792, voluntarios marselleses que marchaban cara a París entoárono ao entrar na capital; de aí vén o seu nome. A Marsellesa, o primeiro himno que non nomea a Deus, foi prohibido durante a etapa do Imperio e a Restauración e rehabilitado pola Revolución de 1830. Foi oficialmente consagrado como himno nacional francés en 1958.

2 oct 2015

Material de axuda tema 2

Aviso para os alumnos de 4º de ESO: xa podedes descargarvos o material complementario para o estudo e comprensión do segundo tema do curso “As revolucións políticas”.

Preme aquí.

Saúdo!


27 sept 2015

Conscurso Constitución XXXII Edición

Volvemos de vacacións co primeiro concurso no que participaremos este ano. 

Como vén sendo habitual por estas datas, a Subdelegación do Goberno en Ourense convoca o Concurso da Constitución conmemorando o seu aniversario. O lema para esta XXXII edición é “Das Cortes Xerais” (Título III), Capítulo 1º “Das Cámaras”.

Podedes botar unha ollada ás bases do concurso aquí.

Moito ánimo



14 sept 2015

Comeza un novo ano escolar

Benvidos un curso máis ao blogue de Xeografía e Historia para alumnos de 2º B e 4º de ESO do Colexio Padre Feijoo-Zorelle.

Espero que tivésedes un excelente verán e que veñades todos con enerxía para afrontar o novo curso. Como xa sabedes aquí ireivos colgando información relativa á materia. 

Ánimo e a traballar!

15 may 2015

Día das Letras Galegas

Esta semana os alumnos de 2º e 4º da ESO realizaron actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Seguindo as actividades planificadas pola Deputación de Ourense, ambos os dous cursos recopilaron e presentaron interesante información.

Os estudantes de 2º da ESO B realizaron un mural sobre o Castro de Santomé. Situado preto de Ourense este espectacular conxunto histórico presenta restos de civilizacións asentadas no lugar dende hai máis de 2000 anos. Grazas ao estudo deste ben conservado castro, aprendemos máis sobre a cultura castrexa e a posterioir ocupación romana destes asentamentos.



 Paralelamente, cos alumnos de 4º da ESO B, adentrámonos na Ribeira Sacra. Estudamos os principais mosteiros así como os diferentes trazos artísticos que presentan. Ademáis, o feito de elaborar una ruta dende Ourense para visitar ordenadamente os máis importantes conxuntos histórico-artísticos, axudounos a poñer en práctica a nosa orientación na zona.


6 may 2015

Datas controis terceira avaliación

Datas dos controis de Xeografía e Historia desta avaliación:

- 2º ESO B: xoves 14 de maio.

- 4º ESO A: venres 8 de maio.
- 4º ESO B: martes 12 de maio.

Moita sorte a todos!

24 abr 2015

Actividades do Festival do Libro

Con motivo do Día do Libro, os alumnos de 2º de ESO B e de 4º de ESO realizaron diferentes actividades que contribuíron a decorar o noso colexio.

Os alumnos de 2ºB participaron na actividade "Historia da Arte en Fascículos", deste xeito elaboraron pequenas guías de arte de diferentes estilos (Románico, Gótico, Renacemento, Barroco...). Este taller serviunos para repasar todos os contidos de arte vista ata o momento, ao mesmo tempo que desenvolvemos a nosa creatividade á hora de presentar a información.





Cos alumnos de 4º da ESO elaboramos un mural sobre a Historia Contemporánea de España. Igualmente, puidemos repasar os contidos vistos ata o momento na aula e aprendemos a esquematizar a información, e a presentar os diferentes acontecementos nunha liña do tempo.


Sen dúbida o Festival de Libro do colexio foi todo un éxito!

9 mar 2015

Datas exames segunda avaliación

Datas dos exames de Xeografía e Historia desta avaliación:

- 2º ESO B: xoves 19 de marzo.

- 4º ESO A: venres 13 de marzo.
- 4º ESO B: martes 17 de marzo.

Moita sorte a todos!

27 feb 2015

II Premio Estatuto de Autonomía de Galicia

Co obxecto de conmemorar o Estatuto de Autonomía, a Deputación de Ourense convoca o II Premio  Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar. 
Este ano os estudantes da ESO elaborarán unha redacción baixo o tema “O Estatuto de Autonomía de Galicia: recoñecemento dunha nacionalidade histórica”. 
A data límite de presentación dos traballos é o vindeiro 18 de marzo.


Podes descargar as bases do premio aquí

12 feb 2015

Diferenzas entre rotación bienal e rotación trienal

Estas imaxes axudaranvos a entender as diferenzas entre a rotación bienal e a rotación trienal. Ambas as dúas técnicas buscan o máximo rendemento da terra mantendo a fertilidade desta grazas aos descansos. 

Con cal cres que se obtén unha maior produtividade e polo tanto un maior beneficio?


6 feb 2015

Datas controis febreiro 2015

Datas dos controis da segunda avaliación:

-         -   2º ESO B xoves 12.
-         -   4º ESO A venres 13.
-         -   4º ESO B martes 10. 

28 ene 2015

Documental sobre a Primeira Guerra Mundial

Podedes repasar e ampliar o tema da Primeira Guerra Mundial con este documental contado en primeira persoa por un soldado francés.


4 ene 2015

Exames de recuperación

O exame de recuperación dos contidos da primeira avaliación da materia de Xeografía e Historia, tanto para alumnos de 2º como de 4º de ESO, terá lugar o vindeiro 12 de xaneiro en horario de tarde.