Páginas

21 oct 2015

Curiosidades: a orixe do himno francés

O actual himno francés, coñecido como A Marsellesa, foi escrito e composto o 25 de abril de 1792 polo poeta, músico e capitán de enxeñeiros Joseph Rouget de Lisle, destinado no batallón "Enfants da patrie" de Estrasburgo. Cinco días antes, o 20 de abril, proclamouse en París a guerra contra Austria. O día 24, cando o alcalde de Estrasburgo soubo a noticia, convocou a varios oficiais, entre eles a Rouget de Lisle. Durante a reunión, o alcalde pediulle que compuxese un himno patriótico para o exército do Rhin.

Rouget púxose ao choio, inspirándose para a letra nun cartel que vira na rúa coa proclama Aux armes, citoyens! ("Cidadáns, ás armas!"). Titulou o seu himno Canto de guerra para o exército do Rhin. Os soldados aprendérono e difundiron rapidamente por todo o país.

En xullo de 1792, voluntarios marselleses que marchaban cara a París entoárono ao entrar na capital; de aí vén o seu nome. A Marsellesa, o primeiro himno que non nomea a Deus, foi prohibido durante a etapa do Imperio e a Restauración e rehabilitado pola Revolución de 1830. Foi oficialmente consagrado como himno nacional francés en 1958.

No hay comentarios:

Publicar un comentario