Páginas

28 ene 2015

Documental sobre a Primeira Guerra Mundial

Podedes repasar e ampliar o tema da Primeira Guerra Mundial con este documental contado en primeira persoa por un soldado francés.


4 ene 2015

Exames de recuperación

O exame de recuperación dos contidos da primeira avaliación da materia de Xeografía e Historia, tanto para alumnos de 2º como de 4º de ESO, terá lugar o vindeiro 12 de xaneiro en horario de tarde.

21 dic 2014

4 dic 2014

Os alumnos realizan diferentes murais para conmemorar os 180 anos de historia provincial

Co gallo da Segunda Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación  os alumnos de Xeografía e Historia de 2º e 4º da ESO realizaron diferentes murais que conmemoran a historia da provincia de Ourense.

Por unha banda, cos alumnos de 2º da ESO organizouse un concurso “Ourense, unha provincia única” no que os participantes analizaron a provincia dende diferentes puntos de vista: xeográfico, turístico, histórico, administrativo e termal.

Doutra banda, os alumnos de 4º da ESO A e B realizaron o seu mural sobre os ourensáns ilustres e sobre as augas embotelladas ourensás e as súas vantaxes para a saúde.


Diferentes traballos de recerca e manualidades que sen dúbida axudaron aos alumnos a coñecer mellor a realidade e a historia da provincia.






Datas dos exames da 1ª avaliación

Asimesmo, aproveito para lembrarvos as datas dos exames de Xeografía e Historia desta avaliación:

- 2º ESO B: xoves 11 de decembro

- 4º ESO A: venres 12 de decembro.
- 4º ESO B: martes 9, xoves de 11 decembro.

Moita sorte a todos!

8 nov 2014

Material adicional para os alumnos de 4º da ESO

Déixovos información adicional sobre a independencia de Hispanoamérica. Espero que vos axude a comprender mellor o tema!

Causas:
  • O exemplo da independencia dos Estados Unidos de América (xa estudiada).
  • As novas ideas liberais de liberdade e igualdade, soberanía nacional, división de poderes… contrarias ao ordenamento do Antigo Réxime. Os líderes independentistas ou libertadores asociaban a independencia do territorio co establecemento dun réxime liberal.
  • O baleiro de poder que se produciu durante a ocupación francesa da Península Ibérica. Nestes anos, os habitantes das colonias víronse obrigados a tomar decisións por sí sós, sen agardar ordes da metrópole. Isto fixo disminuír os lazos de dependencia coa metrópole e favoreceu as ansias de establecer un goberno propio.
  • O descontento das minorías crioulas que vían na independencia un medio de liberarse do dominio dos peninsulares, que monopolizaban os cargos políticos e administrativos, e do control económico de España, que obstaculizaba o comercio e impoñía fortes cargas fiscais. Isto é, os crioulos sentíanse discriminados, malia que moitos deles gozaban dun considerable poder económico. 

Fases:

Os crioulos protagonizaron os movementos de independencia. Os indios, mestizos e os negros só apoiaron a independencia nas fases máis avanzadas e únicamente cando estivo asociada a reivindicacións sociais. Os crioulos, que tras as revolucións concentraron o poder económico e político, non cumpriron as promesas feitas aos indíxenas, que loitaron pola independencia, nin se lles concedeu a liberdade aos escravos negros. Así, a sociedade postcolonial naceu con grandes desigualdades económicas, que deron lugar a conflitos sociais. Tamén se consolidou o poder dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política (golpes de Estado).

Exercicios 2º ESO B, Tema 3


Unha vez estudiado o tema da arte románica é momento de poñer en práctica o aprendido.

Responde ás seguintes cuestións baseándote nas imaxes:

1. Identifica e sinala os elementos máis significativos da arquitectura románica.



2. Describe a estrutura dunha portada románica e explica as características da escultura.



3. Que características da pintura románica se reflicten nesta obra?



19 oct 2014

Concurso Constitución 2014

Un ano máis a Subdelegación de Goberno de Ourense organiza unha nova convocatoria do Concurso Constitución. O lema elixido para esta XXXI edición é: " De la Corona", Título II.

Os estudantes de calquera dos cursos de ensino secundario obrigatorio interesados en participar deberán presentar unha redacción, cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, sobre a Coroa. 


Atención alumnos! O último día para entregar os traballos na Subdelegación de Goberno é o próximo 30 de outubro.


Animádevos! Se a vosa redacción se encontra entre as 20 mellores premiarásevos cunha viaxe a Madrid para visitar o Congreso e o Senado, ademais de realizar outras actuividades culturais e lúdicas. 


Esperamos a vosa participación.


Bases do concurso.